O curso de Judo 2024-2025 do ximnasio Marbel puxo fin á súa tempada no mes de xuño cun acto moi especial: a entrega das medallas do Concurso Técnico e dos premios ‘‘Jita Kyoei’’, que recoñecen o esforzo e os valores dos judokas durante todo o ano.
O Concurso Técnico é unha das actividades máis destacadas da tempada.
O curso de Judo 2024-2025 pecha cunha entrega de premios
A través dunha folla de méritos individual, cada alumno acumula puntos pola súa constancia, comportamento, coñecementos teóricos, participación en competicións e progresión técnica. Ao final do curso, os máis destacados de cada categoría reciben unha medalla como recoñecemento ao seu traballo.

As categorías divídense segundo o cor do cinto dos participantes e en función do grupo de clase. No caso do Marbel, foron tres os grupos en competición: dous infantís e un de cadetes pequenos.
Galardoado/as por categorías
Infantil grupo 1:
- Cinturón branco: Antía López
- Branco-amarelo: Martina Brancati
- Amarelo: Vanessa Fedulova
- Amarelo-laranxa: Enzo Trícoli
- Laranxa: Manuel J. Puga
- Laranxa-verde: Nyoel González
- Verde-azul: Nico González
Infantil grupo 2:
- Branco: Diego Couso
- Branco-amarelo: Minerva Casal
- Amarelo: Ainoa Vázquez
- Amarelo-laranxa: Olivia Fernández
- Laranxa: Álvaro Seoane
Cadetes pequenos:
- Branco-amarelo: Mencía Rojo
- Laranxa: Beatriz Nesi
- Verde: Carla Seoane
- Azul: Gabriela Da Silva
O curso pechouse cun ambiente de compañeirismo e celebración, poñendo en valor os principios do judo, como o esforzo mutuo e a superación. O ximnasio Marbel xa se prepara para a próxima tempada, coa vista posta en seguir formando deportistas con valores.