Eventos

Debate: A intelixencia artificial, aliada ou inimiga da sociedade?

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá unha mesa de debate titulada «Intelixencia Artificial: ¿Aliada ou Inimiga da Sociedade?».

O evento, de entrada gratuíta ata completar aforo, buscará afondar nas oportunidades, desafíos e dilemas éticos que expresa o rápido avance desta tecnoloxía.

Debate: A intelixencia artificial, aliada ou enemiga da sociedade?

A sesión contará coa participación de tres expertos en diferentes áreas da IA. Paula Rodríguez Rivera, educadora social especializada en innovación educativa e inclusión LGTBIQ+, abordará os efectos da intelixencia artificial no ámbito educativo. Jairo Carrera, enxeñeiro de software e CTO en Elitek Solutions, falará sobre as aplicacións da IA na bioinformática e a automatización de procesos. Pola súa banda, Nicolás Álvarez, consultor dixital e CEO na mesma empresa, analizará o impacto desta tecnoloxía na creación de contido e na xestión de marketing dixital.

A estrutura do debate incluirá unha introdución dos poñentes, un bloque de preguntas sobre se a IA representa unha aliada ou unha ameaza para a sociedade, o seu impacto no mercado laboral e na educación, e os retos éticos para garantir un uso responsable. O público tamén terá a oportunidade de participar nun debate aberto durante 15 minutos antes das conclusións finais.

Debate: A intelixencia artificial, aliada ou enemiga da sociedade?
«Intelixencia Artificial: ¿Aliada ou Inimiga da Sociedade?»

Este evento pretende ofrecer unha visión plural sobre a intelixencia artificial, explorando tanto as súas vantaxes como os riscos asociados. Unha oportunidade para reflexionar sobre como esta tecnoloxía está a transformar diversos sectores e como garantir que o seu desenvolvemento se realice de forma ética e sostible.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.