Deconstruír o hábitat é unha proposta que terá lugar o 11 de xuño no Macizo Central Ourensá. Esta iniciativa forma parte do «Laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes», un proxecto de Outonía S. Coop e a ilustradora Eva Piay. A aldea abandonada de Prada (Manzaneda) será o lugar onde se realize a actividade. Un roteiro polo lugar servirá para concienciar sobre a loita exosocial, a xustiza comunitaria e o cambio climático.