O actual déficit de profesionais da enfermería está nunha situación límite segundo denuncia a deputada no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE, Carmen Rodríguez Dacosta.
«Unha vez máis, Ourense volve ser a gran discriminada de Galicia en materia sanitaria» sinala Rodríguez Dacosta tras reunirse con representantes dos sindicatos integrados na Comisión de Centro de Atención Primaria de Ourense.
O déficit de profesionais da enfermería está nunha situación límite
Segundo indicaron os representantes sindicais, existe un déficit de 20 profesionais da enfermería para cumprir a proporción prevista nos PAC en relación ó numero de médicos.
Segundo se tratou na reunión, «existen discriminacións retributivas, así como no cómputo da xornada e tamén graves prexuízos en casos de baixas por accidentes laborais ou permisos familiares» para estes profesionais do PAC.
Algúns dos PAC máis afectados na provincia polo déficit de profesionais son os de Verín, Celanova e Ribadavia.