O concelleiro de Democracia Ourensana, Daniel Rey, entra no goberno municipal de Barbadás tralo acordo alcanzado con Xosé Carlos Valcárcel, actual alcalde.
A coincidencia de moitos obxectivos que ambos partidos presentaban no programa electoral facilitou o acordo que permitirá dotar de máis estabilidade ó goberno do concello.
Democracia Ourensana entra no goberno municipal de Barbadás
Daniel Rey é o único concelleiro de Democracia Ourensana en Barbadás mentres que o PSdeG-PSOE de Xosé Carlos Valcárcel mantén os sete concelleiros. Tras este acordo, ambas formacións suman oito concelleiros e quedan a un da maioría absoluta.