Noticias

Denuncian censura ó pregoeiro das Festas da Ponte

Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE denuncian censura á persoa proposta para ser o pregoeiro das Festas da Ponte 2024.

Segundo indican os socialistas, a comisión organizadora propuxo ó xornalista Pepe González para ser o pregoeiro deste ano.

Denuncian censura ó pregoeiro das Festas da Ponte

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, rexeitou esta designación da comisión organizadora que «se puxo como unha fera» ó ser informado.

Desde o PSdeG-PSOE indican que Pérez Jácome demostra actuar como «un pequeno ditador» rexeitando a elección de Pepe González. Indican desde o partido socialista que a negativa responde a «inquinas persoais e preferencias mediáticas individuais».

Denuncian censura ó pregoeiro das Festas da Ponte

Lembran os socialistas que mentres o alcalde censura a presenza deste veciño da Ponte, «sube os palcos das orquestra continuamente para darse baños de masas».

Botón volver arriba