Noticias

Denuncian a intención de pechar o CIMM

Desde o PSdeG-PSOE denuncian a intención do goberno municipal de pechar o CIMM mediante o traslado das súas catro traballadoras.

A última reunión da Xunta de Área de Servizos Sociais permitiu coñecer as intencións do equipo de goberno do concello de Ourense.

Denuncian a intención de pechar o CIMM

Natalia González Benéitez, voceira socialista indica que é unha «auténtica aberración e afrenta política o peche dun edificio municipal chave en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero por falta de vontade e sensibilidade política».

Denuncian a intención de pechar o CIMM
Foto: CIMM Ourense

As traballadoras serán trasladadas ó edificio municipal situado na Praza de San Martiño durante «esta mesma semana». Este traslado supón para o grupo municipal socialista perder a «garantía imprescindible de confidencialidade das novas instalacións para atender as persoas usuarias, maioritariamente mulleres vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión».

Botón volver arriba