Deporte e Turismo chegan a Expourense no V Congreso Internacioanl de Turismo e Deporte e a VII edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo.
Estas dúas citas que funcionan de forma simultánea nas instalacións de Expourense pretenden fixar a posición de Galicia como un destino deportivo, sostible e saudable.
Deporte e Turismo chegan a Expourense
José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, estivo presente na apertura destas citas de deporte e turismo. «Turismo e deporte son dúas caras dunha mesma moeda», sinalou Lete Lasa.
«O principal obxectivo de Sportur e do Congreso é contribuír a que o deporte ocupe un lugar preferente como motivación turística á hora de elixir Galicia como lugar de visita».