Noticias

Concellos e entidades culturais reciben novas axudas da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta semana 13 asuntos que supoñen unha mobilización total de 224.181,51 euros.

Deles, 100.324,01 euros destínanse a colaboración con concellos e organismos supramunicipais, mentres que 123.857,5 euros repártense entre entidades culturais, deportivas e empresariais.

Concellos e entidades culturais reciben novas axudas da Deputación

No ámbito municipal, a Mancomunidade do Ribeiro recibe 80.000 euros para a compra dun camión de recollida de lixo. O Concello de Bande percibirá 15.500,09 euros para a mellora do salón de actos da Casa do Concello, e Boborás disporá de 4.823,92 euros para proxectos paisaxísticos e a posta en valor do lavadoiro de Laxas.

Concellos e entidades culturais reciben novas axudas da Deputación
Xunta de Goberno. Foto: Deputación de Ourense

Entre as entidades beneficiarias destaca a IXP Castaña de Galicia, que contará con 10.000 euros para gastos de funcionamento. No sector cultural, Sarabela Teatro recibirá 39.000 euros para o FITO e MITEU, a Asociación Cultural Musical Novo Camiño 9.857,50 euros e a Agrupación Cultural Agromadas 2.000 euros. En materia deportiva, a Escudería Lobios Motorsport disporá de 12.000 euros para o Rallye Sprint de Lobios.

Tamén se reforza o tecido empresarial coa concesión de 11.000 euros á Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros e 40.000 euros á do Polígono San Cibrao, ambos para gastos de funcionamento.

Finalmente, a Deputación aprobou modificacións no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais, CooperOU, tras solicitudes dos concellos da Veiga, Avión e Allariz.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.