A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia preparan numerosos proxectos que son considerados estratéxicos para o futuro da provincia.
Entre as propostas tratadas atópanse proxectos deportivos, sanitarios, turísticos, de servizos sociais e de infraestruturas.
Deputación e Xunta preparan numerosos proxectos
O acordo para poder por en marcha estes proxectos foi o resultado da reunión que mantiveron o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Tras acadar un principio de acordo para a colaboración entre institucións, Luis Menor destacou a importancia de contar «cunha folla de ruta clara con apostas concretas». Pola súa parte, Alfonso Rueda sinalou que fora «unha reunión eficaz na que foi sinxelo chegar a acordos».
Convenio entre a Xunta e a Deputación
Recollemos a continuación os principais proxectos que a Diputación de Ourense e a Xunta de Galicia queren impulsar nos próximos anos.
- Transporte metropolitano. Implantación do transporte metropolitano coa colaboración do Concello de Ourense e beneficios para unha poboación de máis de 150.000 persoas.
- Estación de mercadorías no polígono de San Cibrao. Un espazo de máis de 100.000 metros cadrados para a posible construción dunha terminal de mercadorías.
- Comunicación de Valdeorras coa AVE. Reforma da OU-533 (A Rúa -A Gudiña) para ter un acceso máis próximo ao AVE na estación Porta de Galicia.
- Comunicación coa fronteira portuguesa desde Celanova. Reforma da OU-540 para facilitar a mobilidade coa fronteira con Portugal.
- Áreas industriais. Ampliación do polígono de San Cibrao das Viñas, do parque empresarial de Pereiro de Aguiar e máis a futuro en Paderne de Allariz. Tamén se valorou a ampliación do parque de Xinzo de Limia e do de Carballiño-Maside.
- Construción da cidade deportiva de San Cibrao das Viñas. Aproveitar os campos existentes na Tecnópole para realizar este proxecto entre Deputación, Xunta e Concello de San Cibrao.
- Estación de montaña de Manzaneda. Liquidación da débeda da sociedade Meisa por parte de ambas institucións e compromiso para realizar unha achega conxunta que permita garantir o funcionamento do complexo.
- Parque acuático de Monterrei. Continuarase coa segunda, terceira e cuarta fases dotando de valor unha infraestrutura de ocio que está a ser xa toda unha referencia.
- Centro de saúde Mariñamansa. Compromiso da Deputación para ceder a parcela onde construír este novo centro que está pendente do cambio de uso que ten que facer o concello.
- Servizos Sociais. Colaboración entre Deputación e Xunta para reformar ou construír 16 centros para maiores.
- Xulgado de Violencia sobre a muller. Compromiso da Deputación e a Xunta de Galicia para a creación dun xulgado de violencia sobre a muller en Ourense.
- Certificados de profesionalidade. Inversión de 76 millóns de euros da Xunta de Galicia para traballadores desempregados, co fin de que podan obter certificados de profesionalidade.
- Centro de Ciberseguridade. Estas instalacións únense a toda a infraestrutura tecnolóxica que ten a provincia, actuando como polo de atracción de novos maiores investimentos.
- Cooperación e loita contra os lumes forestais. Convenio entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense na prevención e loita contra os lumes forestais.
- Regadío da Limia. A Xunta e Deputación de Ourense seguirán reclamando que o Goberno central asuma unha parte importante dos custos xerados polo IVE das actuacións levadas a cabo para mellorar o regadío nesta comarca.
- Ribeira Sacra. No camiño para lograr a declaración como Patrimonio da Humanidade, cómpre realizar accións como por exemplo o plan de mobilidade sostible.
- Termalismo. Apoio aos balnearios con programas como o de termalismo social da Deputación, que agora verase incrementado e contará coa colaboración da Xunta.
- Vía da Prata e Camiño do Inverno. Xunta e Deputación seguirán contribuíndo conxuntamente á súa promoción e dotando de máis servizos conforme suba a demanda.