Deportes

O Voleyourense impón a súa lei ante Zalaeta na xornada pola igualdade

O Aceites Abril Voleyourense levou o derbi galego ante o Zalaeta con un claro 3-0, nun encontro no que o resultado deportivo compartiu protagonismo coa mensaxe de igualdade e rexeitamento da violencia de xénero.

A cita, disputada no Polideportivo O Pompeo, enmarcouse nunha xornada especial co lema “Non á violencia de xénero”. Deste xeito, o club ourensán quixo visibilizar o papel do deporte como espazo seguro e inclusivo.

O Voleyourense impón a súa lei ante Zalaeta na xornada pola igualdade

A primeira manga destacou pola igualdade e polas longas defensas. O equipo ourensán, moi firme en recepción, soubo controlar os puntos decisivos e pechou o parcial 25-23. A partir de aí chegou o mellor xogo do Voleyourense: no segundo set aumentou a súa presión desde o saque e mantivo a continuidade ofensiva, abrindo fenda ata o 25-19.

O Voleyourense impón a súa lei ante Zalaeta na xornada pola igualdade
Foto: VoleyOurense

O terceiro parcial confirmou o dominio do Aceites Abril Voleyourense, que non baixou a intensidade defensiva. Levando o ritmo do partido con autoridade, asegurou o triunfo cun 25-17 que fixo definitivo o 3-0.

Esta vitoria reforza a boa dinámica do cadro ourensán, que continúa consolidando o seu xogo colectivo. O VoleyOurense afrontará os próximos compromisos coa intención de manter esta liña ascendente.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.