Noticias

Ourense acolle este sábado o 56º Descenso do Miño con récord de participación

O río Miño volverá a ser protagonista en Ourense este sábado, 21 de xuño, coa celebración da 56ª edición do Descenso do Miño.

Este ano reunirá medio milleiro de participantes, consolidándose como unha das probas deportivas máis emblemáticas de Galicia.

Ourense acolle este sábado o 56º Descenso do Miño con récord de participación

Na presentación oficial, celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense, destacou o aumento de participación con respecto a edicións anteriores, sumando 150 piragüistas máis que no pasado ano.

O evento está organizado pola Federación Galega de Piragüismo, o Club Piragüismo Ourense e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, e conta coa colaboración dos concellos polos que discorre a proba: Coles, O Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín e A Peroxa.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, participou no acto acompañado por outros representantes institucionais como o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; o concelleiro de Nogueira, Raúl Soto; o presidente do CMD, Aníbal Pereira; o xerente do CMD, Jorge Encinas; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea; e os membros do Club Piragüismo Ourense, Jorge Varela e Luis Iglesias.

A competición, que por primeira vez se celebrará un sábado pola tarde en lugar do tradicional domingo, dará comezo ás 17:00 horas. A saída para as categorías feminina e cadete será desde Barra de Miño, mentres que os xuvenís, séniores e másters partirán desde Os Peares. O percorrido finalizará entre as 19:00 e 19:30 horas, e a entrega de trofeos está prevista para as 20:00 h.

Foto: Concello de Ourense

Con esta nova edición, o Descenso do Miño reafirma o seu peso como evento deportivo de referencia e como escaparate do potencial natural e deportivo da contorna de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.