Un desfile de entroidos tradicionais percorrerá as rúas do centro de Ourense este venres ás 20h. No desfile participarán figuras do entroido do concello de Ourense como as Pitas de Eiroas, Frei Canedo da Ponte ou Paquita e Nicanor de Seixalbo. Do resto da provincia participarán os Felos de Maceda, Follareiros de Lobios, Felos de Esgos, Folión de Trives e Folión de Buxán. Non será este o único desfile do día pois ás 11:30h terá lugar o desfile escolar de entroido.