Noticias

O PSdeG-PSOE critica o gasto excesivo do PP nas festas de Ribadavia

O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia que o goberno municipal do Partido Popular continúa co seu “despilfarro” de cartos públicos en festas, e levará ao pleno deste xoves unha modificación de crédito para cubrir débedas das festas do Portal e da Feira do Viño do ano 2024.

Segundo os socialistas, o PP intenta “camuflar estas débedas como gastos diversos” para dificultar a fiscalización da súa xestión económica.

O PSdeG-PSOE critica o gasto excesivo do PP nas festas de Ribadavia

As festas do Portal de 2024, segundo os socialistas, “foron un auténtico desastre e un fracaso absoluto”, con actuacións ás que asistiron apenas 10 persoas, pese a contar cun orzamento histórico de 80.000 euros. A débeda que agora se pretende pagar a través da modificación de crédito ascende a 28.248,96 euros, elevando o custo total das festas a 108.248,96 euros.

O PSdeG-PSOE critica o gasto excesivo do PP nas festas de Ribadavia

O PSdeG-PSOE subliña que “mentres nos gobernos socialistas se traían grupos de primeiro nivel, nestas festas o gasto disparouse e a veciñanza apenas recadou 6.000 euros”.

Tamén se inclúe unha partida de 11.024,96 euros para cubrir débedas da Feira do Viño de 2024. Os socialistas critican que, inicialmente, o PP asegurara que as contas estaban practicamente cadradas, e alertan de que “moito nos tememos que nas contas da feira do viño de 2025 tamén aparezan calotes”.

O PSdeG-PSOE centra as súas críticas na concelleira de Festexos, á que acusan de xestionar “as peores festas da historia e as máis caras da capital do Ribeiro”. Ademais, destacan que o seu soldo chega a 1.500 euros, case tres veces máis que os das concelleiras de Cultura anteriores. Tamén se suma unha partida extra de 817,34 euros para dietas, cando a contía destinada a este fin xa se esgotara antes de outubro.

Non pode ser que a veciñanza teña que pagar a pésima xestión das festas mediante subidas de impostos e taxas”, destacan os socialistas, que solicitan ao alcalde, César Manuel Fernández, que “tome as rendas e poña orde na xestión económica do concello”.

O PSdeG-PSOE advirte que a intención do goberno municipal de camuflar estas partidas evidencia unha “xestión nefasta, caracterizada por gastar máis en soldos, despilfarrar en festas e subir impostos á veciñanza para compensar o seu mal facer”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.