O concurso de Patatas Fritas JALYS celebrou a súa cuarta edición en Expourense cunha gran afluencia de público e premios para participantes e espectadores.
A cuarta edición de DevoraJALYS converteu o hall de Expourense nunha festa durante a celebración de Xantar 2026.
Brandon Díaz Torres gaña o concurso DevoraJALYS en Xantar
Máis de 30 participantes competiron por comer o maior número de patacas fritas JALYS nun minuto, nunha xornada marcada pola diversión e a participación do público.

Brandon Díaz Torres proclamouse gañador do concurso, seguido de Manuel Fernández González, segundo clasificado, e Keyfer Terán, que ocupou o terceiro posto. Os tres recibiron os correspondentes premios.
A actividade tamén contou coa participación dos espectadores, entre os que se repartiron numerosos agasallos. A organización destacou a boa acollida desta cuarta edición, que volveu reunir numerosos asistentes.

