Cajón desastre

O Estatuto de Autonomía, alicerce do Día de Galicia

Cada 25 de xullo, Galicia celebra o seu día grande cun fondo significado histórico, cultural e político.

A festividade do Apóstolo Santiago, patrón de Galicia, converteuse tamén nunha xornada para reivindicar a identidade galega e o dereito ao autogoberno, simbolizado no Estatuto de Autonomía aprobado en 1981. Sen este marco legal, o Día de Galicia non tería hoxe o mesmo valor institucional nin social.

O Estatuto de Autonomía, alicerce do Día de Galicia

A aprobación do Estatuto, referendado polo pobo galego o 21 de decembro de 1980 e ratificado polas Cortes en abril de 1981. Este acto supuxo o recoñecemento oficial de Galicia como nacionalidade histórica.

O Estatuto de Autonomía, alicerce do Día de Galicia

Esta norma permitiu recuperar institucións propias, como o Parlamento de Galicia e a Xunta, e asumir competencias fundamentais en educación, sanidade, medio ambiente ou cultura.

Desde entón, o 25 de xullo deixou de ser só unha festividade relixiosa ou unha cita simbólica para o galeguismo. Converteuse nunha celebración do autogoberno e da capacidade do pobo galego para decidir sobre os seus propios asuntos.

A conexión entre o Estatuto e o Día de Galicia é hoxe inseparable. Mentres a sociedade galega celebra nas rúas a súa cultura e a súa lingua, tamén conmemora unha conquista democrática que fixo posible unha Galicia con voz propia.

O Estatuto de Autonomía foi, e segue a ser, a base do sistema institucional galego e un instrumento clave para o desenvolvemento político, económico e social da comunidade. A súa aprobación supuxo rematar co centralismo e abrir as portas a unha nova etapa na que Galicia. A Comunidade puido construír un proxecto propio no marco da Constitución española.

Neste 25 de xullo, lembrar o Estatuto é lembrar a loita colectiva polo recoñecemento dunha identidade, dunha lingua e dun territorio que quixo e soubo gobernarse a si mesmo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.