Eventos

A Casa do Chocolate abre as súas portas con visitas e degustacións

A Casa do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, volverá abrir as súas portas este sábado 13 de setembro para celebrar o Día Mundial do Chocolate.

Esta cita internacional, instaurada en 1995, rende homenaxe a dúas figuras clave: o escritor Roald Dahl e o empresario Milton Hershey, ambos nados un 13 de setembro.

A Casa do Chocolate abre as súas portas con visitas e degustacións

O evento está organizado polo equipo de Turismo de Parada de Sil baixo o lema “O chocolate: da selva ao cinema e á literatura”. A oferta inclúe visitas guiadas gratuítas para descubrir como este doce foi protagonista tanto no cinema como na literatura infantil.

Xornada de Portas abertas. Día Mundial do Chocolate. Parada de Sil

Os asistentes tamén poderán gozar dunha demostración coas máquinas que producían o histórico Chocolate Caldelas da familia Casares, elaborado en Teimende.

Ademais da parte divulgativa, o público terá ocasión de saborear unha cunca de chocolate quente con galletas, convertendo a visita nunha experiencia completa.

O programa busca lembrar o papel que xogaron Dahl —autor de Charlie e a Fábrica de Chocolate, obra que inspirou varias adaptacións cinematográficas— e Hershey, creador da popular barra de chocolate con leite condensado e impulsor dunha cidade para os seus traballadores en Pensilvania, exemplo de compromiso social.

Con esta iniciativa, a Casa do Chocolate, único espazo museográfico adicado a este produto en Galicia, consolídase como punto de referencia na Ribeira Sacra.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.