Eventos

O Carballiño celebra o Día de Rosalía

O Día de Rosalía celebrarase no Carballiño o luns 23 de febreiro cunha actividade cultural aberta á veciñanza na rúa Curros Enríquez.

A cita comezará ás 18:00 h diante de OZOCOgz, e combinará música, poesía e tradición popular arredor da figura de Rosalía de Castro.

O Carballiño celebra o Día de Rosalía

O acto incluirá recitado de poemas e actuacións musicais, ademais da degustación do tradicional caldo de gloria para as persoas asistentes. A propia Rosalía estará presente de maneira simbólica, acompañada por Manuel Murguía, grazas á colaboración da compañía Dar Trela Teatro, que dará vida aos dous persoeiros históricos.

A iniciativa contará coa participación de numerosas entidades culturais e sociais da comarca. Xa confirmaron asistencia:

  • Asociación Cultural Terras do Arenteiro,
  • Centro Sociocomunitario do Carballiño,
  • Escola de Música Pulpo Beats,
  • Pandeireteiras de Maside,
  • Pandeireteiras Lumieira,
  • Pandeireteiras As Faíscas,
  • Asociación Cultural Beira do Avia (Leiro),
  • Agrupación Cultural Avantar,
  • Pandeireteiras do CPI Terras de Maside e
  • Pandeireteiras OZOCOgz.
O Carballiño celebra o Día de Rosalía

Con esta actividade, O Carballiño súmase ás celebracións que cada 23 de febreiro teñen lugar en toda Galicia para reivindicar o legado literario e social de Rosalía de Castro, figura central da cultura galega e símbolo do Rexurdimento.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.