Noticias

O Concello celebra o Día de Rosalía

O Día de Rosalía reuniu esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense a alumnado de distintos centros educativos da cidade para render homenaxe á escritora máis universal das nosas letras.

A conmemoración volveu converter este espazo institucional nun punto de encontro coa poesía e coa cultura galega.

O Concello celebra o Día de Rosalía

Estudantes dos últimos cursos de Educación Primaria e da ESO dos colexios Carmelitas, Franciscanas, A Purísima, Salesianos e Josefinas participaron activamente no acto.

Acompañados polo seu profesorado, recitaron e musicalizaron poemas de Rosalía de Castro, ofrecendo interpretacións que mesturaron palabra, música e emoción.

O Concello celebra o Día de Rosalía
Foto: Concello de Ourense

A iniciativa celebrou o aniversario do nacemento da autora, que viu a luz en 1837. Trátase dunha data sinalada no calendario cultural de Galicia e unha xornada dedicada a reivindicar o legado literario e social dunha figura esencial da nosa identidade colectiva.

Coa lectura pública dos seus versos, o alumnado puxo en valor a vixencia dunha obra que segue a dialogar coa sociedade actual. O acto reafirmou, un ano máis, o compromiso da comunidade educativa ourensá coa difusión da literatura galega e coa memoria dunha autora fundamental na historia cultural do país.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.