Eventos

Diego Giráldez presenta en Ourense As obras póstumas

O escritor Diego Giráldez chega a Ourense para presentar a súa novela As obras póstumas, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela.

O acto terá lugar o vindeiro xoves, 25 de setembro de 2025, ás 19:30 horas, na Libraría Eixo.

Diego Giráldez presenta en Ourense As obras póstumas

Durante a presentación, o autor estará acompañado pola escritora Alba Guzmán, que participará na conversa arredor dunha obra que xa se consolidou como unha das máis destacadas do panorama literario galego recente.

Diego Giráldez presenta en Ourense As obras póstumas

As obras póstumas confirma o estilo singular de Giráldez, quen combina narración e reflexión cunha voz literaria que o fixo merecedor dun dos galardóns máis prestixiosos das letras galegas. A cita en Ourense busca achegar a novela ao público lector e abrir un espazo de diálogo sobre a súa traxectoria e o proceso creativo da obra.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.