Noticias

Dúbidas do BNG co expediente de reapertura da discoteca Macao

As dúbidas do BNG co expediente de reapertura da discoteca Macao levarán á petición ó concelleiro de Urbanismo dunha xunta de área urxente.

Esta xunta serviría «para abordar, monográficamente, todo o que está acontecendo co expediente relativo á discoteca Macao e a súa posible reapertura».

Dúbidas do BNG co expediente de reapertura da discoteca Macao

Luís Seara, portavoz do BNG de Ourense, sinala que «existen moitas dúbidas en torno a este establecemento, cuxo cese de actividade decretouse no seu momento como consecuencia da realización de obras no seu interior sen a previa e necesaria autorización municipal».

Seara pon a atención en «como reiteradamente os expedientes para a revocación da licencia de apertura non foron resoltos en tempo e forma». A pesares de este proceder, «decídese obviar dita situación, promovendo o sobreseemento do mesmo e permitindo deste xeito que o local poda abrir de novo ao público«.

Dúbidas do BNG co expediente de reapertura da discoteca Macao

O BNG solicita esta Xunta de área urxente para poder formular ó concelleiro de Urbanismo numerosas dúbidas e preguntas sobre este asunto. Lembra Seara que existe unha «evidente inquedanza que esta posible reapertura está a xerar na veciñanza da zona pois teñen no recordo as molestias e os prexuízos sufridos por parte dun establecemento pechado e precintado no seu día pola Policía Local».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.