Duro comunicado del PP de Ourense contra el alcalde, Pérez Jácome, tras la reapertura de las termas de A Chavasqueira y O Muiño.
En el comunicado emitido, Flora Moure hace alusión al trabajo realizado por su grupo durante su permanencia en el gobierno municipal y que ha posibilitado la reapertura de las instalaciones.
Duro comunicado del PP contra Jácome tras la reapertura de las termas
Flora Moure reprocha al alcalde sus continuas críticas y nulas aportaciones en material termal. Recuerda al actual regidor que fue el PP durante la alcaldía de Manuel Cabezas quien impulsó la oferta termal existente.
Comunicado íntegro del Partido Popular de Ourense
O PP alerta de que Jácome minte e manipula no tocante á reapertura das termas da Chavasqueira e o Muíño da Veiga
Flora Moure explica que “se estaban pechadas, foi decisión do alcalde, pois sempre estivo informado de todos os trámites que se estaban a facer desde a Concellería de Termalismo. Para abrir as termas como fixo hoxe, ben puido facelo hai dous anos por decreto. Pero preferiu facelo hoxe coas obras proxectadas e contratadas por nós, xa feitas e rematadas”.
“Jácome minte e manipula, e ten a desfachatez de non invitar á reapertura das termas á Xunta de Galicia, cando foi a administración que financiou estas obras na Chavasqueira”, sinala a voceira popular
No tocante ás críticas constantes de Jácome sobre o emprazamento das instalacións termais, Flora Moure lémbralle que “as termas foron construidas polo PP onde había surxencias naturais, e quen apostou decididamente polo Termalismo ourensán foi o PP nos mandatos de Manuel Cabezas. Non hai nada feito polo actual alcalde, ningunha aportación, porque non entende o aproveitamento termal do cauce do Miño como si fixo o PP e deu lugar ao Termalismo da cidade”.
Flora Moure recalca que “o noso traballo neste mandato en materia de Termalismo sempre buscou as máximas garantías sanitarias e o total respecto á lexislación. Hoxe eses parámetros non son importantes para o alcalde actual”.
![Duro comunicado del PP contra Jácome tras la reapertura de las termas](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2022/10/comunicado-pp-termas-682x800.jpg)