Noticias

Ourense analiza medio século de economía sostible nunha mesa de debate

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, enxalzou esta tarde o labor das empresas ourensás ao asegurar que “se souberon adaptar aos cambios e sobrevivir nun mercado global altamente competitivo”.

Así o indicou durante a presentación da mesa redonda Raíces e futuro: medio século de economía sostible en Ourense. Este é o último acto do ciclo de debate promovido pola Subdelegación do Goberno e para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade.

Ourense analiza medio século de economía sostible nunha mesa de debate

A sesión contou coa participación da directora da Cátedra de Empresa Familiar da UVigo, Elena Rivo; o director xeral de Grupo Revi, Julio Iglesias; e a xerente de Adegas Godeval, Araceli Fernández, nun debate moderado polo vicerreitor do Campus de Ourense, Javier Rodríguez Rajo. As e os relatores analizaron a evolución do tecido empresarial e dos sectores económicos máis representativos da provincia nas últimas décadas.

Ourense analiza medio século de economía sostible nunha mesa de debate
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos salientou o respaldo do Goberno ás empresas, lembrando a chegada de 3.067 millóns de euros a pemes e autónomos a través do programa Kit Digital. Tamén destacou o impacto dos fondos PERTE, que están a impulsar “grandes proxectos transformadores”. “En momentos difíciles hai que estar ao carón dos que crean riqueza e o Goberno o leva facendo desde a pandemia, con medidas reais e protectoras”, subliñou.

O subdelegado agradeceu tamén a participación no ciclo 50 anos de España en Liberdade, iniciado o 15 de novembro. Este ciclo abordou ámbitos como a Transición, o xornalismo, o feminismo, a lingua galega ou a evolución empresarial.

Continúa a programación conmemorativa

A programación continuará mañá, venres 5 de decembro. Será coa obra Flores de España, da compañía Los Sueños de Fausto, ás 21:00 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. O broche final chegará o sábado 6, ás 12:00 horas, co acto de homenaxe ao 47º aniversario da Constitución Española. Esta cita será no Auditorio Municipal de Ourense, onde se entregarán os premios do tradicional concurso escolar.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.