O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, recibe ó novo Comisario xefe da unidade de Coordinación Operativa Provincial da Comisaría da Policía Nacional de Ourense.
Alberto Vidal Prado chega a Ourense tralo seu paso como xefe dos Grupos Operativos Especiais e os GEOS en Galicia.
Eladio Santos recibe ó novo responsable de Coordinación Operativa Provincial
Eladio Santos deu a benvida a Vidal Prado que substitúe a Nuria Palacios e mostroulle o seu apoio para colaborar nos retos que se presenten. Na reunión tamén estivo presente o Comisario xefe da Policía Nacional de Ourense, Juan Cástor Vázquez.