Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, visita o centro de acollida de inmigrantes de Allariz no que se atopan mozos procedentes de Mali.
Estes mozos, con idades entre os 20 e os 30 anos, chegaron a España escapando do conflito bélico que sofre o seu país.
Eladio Santos visita o centro de inmigrantes de Allariz
O subdelegado visitou as instalacións do centro de acollida de inmigrantes de Allariz que xestiona a ONG ACCEM. Esta entidade encárgase da acollida, formación e integración das persoas inmigrantes. Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, acompañou ó subdelegado durante a visita.
Eladio Santos quixo agradecer o apoio do concello de Allariz con esta labor solidaria «xa que a acollida destas persoas non é un problema, é unha acción de humanidade na que deben implicarse todas as administracións, tamén as autonómicas».