Noticias

Eladio Santos visitou as instalacións de tráfico

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, visitou as instalacións da Dirección Xeral de Tráfico en Ourense para coñecer a labor que se realiza.

Durante a visita, Santos puido comprobar «o rigor e a profesionalidade cos que traballan todos os departamentos, que están encabezados polo seu director David Llorente».

Eladio Santos visitou as instalacións de tráfico

Os funcionarios que traballan nestas instalacións tramitan documentación, xestionan os permisos de conducir e realizan trámites relativos a vehículos e condutores. Tamén impulsan desde esta Dirección Xeral unha labor de educación, prevención e seguridade viaria.

Eladio Santos visitou as instalacións de tráfico
Foto: Subdelegación do Goberno

Eladio Santos estivo acompañado durante a visita polo xefe provincial de tráfico, David Llorente, a subxefa provincial, Andrea Conde, a xefa da sección de seguridade vial, Estrella Garrido, e a xefa da sección de tramitación, Ana Nóvoa.

Botón volver arriba