Elena Rivo, exconselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, abandona o Parlamento de Galicia un día despois da toma de posesión de Alfonso Rueda.
Cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Ourense, Elena Rivo, quedou fora do novo executivo que deseñou Rueda e na que só hai un ourensán.
Elena Rivo abandona o Parlamento de Galicia
O substituto de Elena Rivo no Parlamento de Galicia será Argimiro Marnotes, exalcalde do Carballiño, que figuraba no noveno posto da candidatura do PP.