Emilio González Afonso recibe unha homenaxe dos seus compañeiros do PSdeG-PSOE tras rematar a súa etapa ó fronte da subdelegación do goberno en Ourense.
Entre as persoas que estiveron presentes no acto que tivo lugar en Verín atopábanse Lorena Guerra, candidata socialista ó Parlamento Europeo, Gerardo Seoane, alcalde de Verín ou Rafa Villarino, secretario provincial.
Emilio González recibe unha homenaxe do PSOE
O homenaxeado lembrou de forma especial a etapa vivida durante a pandemia. Neste ámbito indicou que «puxémonos ao fronte dende o primeiro día para coordinar tódolos recursos ao noso alcance para loitar contra a pandemia». Entre as tarefas realizadas destacou a axuda prestada «ós xeriátricos, a labores de desinfección, mobilizamos a UME, repartimos mascarillas, fixemos controis de illamento territoriais e puxemos en marcha o primeiro Cecor organizado en Galicia».
Agora que remata esa etapa, González Afonso resalta o papel que desempeñou a subdelegación con el á fronte. «Foi unha institución aberta á cidadanía de toda a provincia e nun primeiro momento tratabamos de salvar ao maior número de persoas».