A programación de Emulart 2024 comeza hoxe en Sobrado do Bispo coa actuación do grupo Vagalumes na Praza de San Xoan.
Persoas de distintas disciplinas artísticas xuntan o seu talento no programa de Emulart 2024 para ofrecer unha semana de actividade cultural.
Emulart 2024 en Sobrado do Bispo
Música, fotografía, escultura ou teatro encherán esta semana cultural con actuacións previstas en diversas localizacións de Sobrado do Bispo.
Programación de Emulart 2024
Luns, 15 de xullo – Concerto Pandereteiras «Vagalumes» na Praza de San Xoan
Martes, 16 de xullo – Concerto «Dúo de Oboes» e Concerto de Violín na Igrexa de Sobrado do Bispo
Miguel Alonso e Pablo Díaz (Oboes), Gabriel Macías (Violín)
Mércores, 17 de xullo – Concerto Saxofón Contemporáneo «Transformación» por Rafael Yebra (Barrio de Prado).
Xoves, 18 de xullo – «Música reservada: Unha rolda musical do vento no tempo» na igrexa de Sobrado do Bispo
Venres, 19 de xullo – Noite de Jazz «Alexandre Cabanelas trío» no Bar do Nani
Sábado, 20 de xullo – Teatro de rúa e Música en Vivo no Barrio do Prado