O entorno da Residencia San Martiño de Luíntra, no concello de Nogueira de Ramuín, será un Espazo sen Fume a partir de agora.
Esta decisión, votada pola poboación, supón a incorporación do concello de Nogueira de Ramuín á iniciativa impulsada pola AECC.
O entorno da Residencia San Martiño de Luíntra será un Espazo sen Fume
A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense promove a creación de espazos seguros libres de tabaco e das súas nocivas consecuencias.
Tamén pretende esta iniciativa fomentar a creación de espazos onde non estea normalizada está práctica tan prexudicial para a nosa saúde e afastala sobre todo dos máis novos.
Julio Temes, alcalde de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto, concelleiro de cultura, deportes, educación e turismo, e o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá asinaron o convenio entre ambas entidades.
«É fundamental a colaboración dos Concellos para chegar á poboación do rural e atender as súas necesidades» indicou Rodríguez-Saá. Pola súa parte, Raúl Soto destacou o apoio do concello para «dar visibilidade a este tipo de asociacións que loitan e axudan a dar apoio contra estas enfermidades pois estamos encantados de colaborar ao 100%».