Noticias

Entregan á AECC a doazón da campaña «Galleta Solidaria»

Entregan á AECC a doazón da campaña «A Galleta Solidaria contra o cancro infantil» que impulsou a Asociación Provincial de Pasteleiros e Confeiteiros.

Germán Rodríguez-Saá, presidente da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, recibiu a doazón de 4.031 euros da man de Camilo Álvarez e Arturo Prado.

Entregan á AECC a doazón da campaña «Galleta Solidaria»

O presidente e o tesoureiro da Asociación Provincial de Pasteleiros e Confeiteiros entregaron o importe recadado nesta campaña solidaria. Camilo Álvarez destacou a «moi boa resposta por parte da xente, que segue sendo solidaria e tamén das pastelerías desta provincia, que demostraron que seguen ao pé do canón con esta causa solidaria cos máis cativos«.

Pola súa parte, Rodríguez-Saá indicou que «iniciativas tan consolidadas como esta énchenos de orgullo ver de primeira man como as pastelerías colaboradoras e a sociedade ourensá está envorcada cas accións da asociación«.

Entregan á AECC a doazón da campaña "Galleta Solidaria"
Foto: AECC Ourense

Listado de pastelería participantes nesta campaña solidaria:

  • Anduriña, Arva, El Couto, Milhojas, Miguel, Osi Gourmet e San Yago en Ourense cidade,
  • Santa Rita en Arnoia,
  • San Diego de Amoeiro,
  • Cerviño de Carballiño e
  • Dona Bica en Verín.

Botón volver arriba