Noticias

Entrimo contará cunha zona de baño no encoro de Lindoso

O concello de Entrimo contará cunha zona de baño no encoro de Lindoso tralo acordo alcanzado entre a CHMS, o concello de Entrimo e a Comunidade de Montes de Lentemil e Reloeira.

A actuación consistirá na prolongación dun sendeiro que conectará Lantemil co encoro de Lindoso. Será na marxe dereita deste encoro onde se habilitará unha zona de baño.

Entrimo contará cunha zona de baño no encoro de Lindoso

Unha inversión de 525.000€ permitirá levar a cabo unha importante actuación no concello de Entrimo. O financiamento deste proxecto será asumido polas tres partes implicadas cos seguintes porcentaxes:

  • 80% – Confederación Hidrográfica Miño-Sil
  • 15% – Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de Lantemil e Reloeira
  • 5% – Concello de Entrimo
Entrimo contará cunha zona de baño no encoro de Lindoso
Foto: CHMS

Os 2.200 metros cos que contará o sendeiro terán como destino unha zona de baño de 9.000 m2. Este espazo tamén contará cunha zona recreativa de 3.500 m2 no que se instalará mobiliario deportivo e infantil.

Tamén se contempla no proxecto a instalación dunha pasarela e un pantalán flotante que facilite o uso de embarcacións no encoro.

Botón volver arriba