O concello de Entrimo exalta a súa gastronomía coa celebración da XVIII Festa de exaltación da empanada de Forquellas e a carne de Cachena da Serra do Quinxo.
Este evento gastronómico que chega no 2023 á súa 28ª edición atrae todos os anos a un importante número de persoas.
Entrimo exalta a súa gastronomía
A edición deste ano será o domingo, 4 de xuño, no Pavillón Polideportivo de Entrimo. O xantar comezará ás 14h e contará co seguinte menú:
- empanada
- carne cocida
- pan, viño e bica
Existe un aforo máximo de 800 persoas que terán que realizar un pago de 15€ por persoa para participar neste evento.