O Entroido de Barbadás xa ten cartel para a edición de 2025 ó resolverse o concurso convocado polo concello para esta fin.
Xosé Carlos Valcárel, alcalde de Barbadás, e Ana Peleteiro, concelleira de Cultura, acompañaron á autora da obra gañadora no acto de presentación.
O Entroido de Barbadás xa ten cartel
Patricia Antonela Julia Siracusa foi a artista gañadora deste concurso coa obra «Volverei». Deste xeito, o entroido de Barbadás da un paso máis antes de coñecer a programación de actividades que o concello está organizando para 2025.
