Eventos

Ourense celebra o Entroido escolar no Xoves de Comadres

O Entroido escolar en Ourense xa ten data e escenario: o vindeiro 12 de febreiro, a Praza Maior acollerá a celebración do tradicional Xoves de Comadres.

Esta cita organizada polo Concello de Ourense serve para achegar esta tradición popular ao alumnado da cidade.

Ourense celebra o Entroido escolar no Xoves de Comadres

Nesta edición participarán arredor de 340 alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria e de Educación Especial, pertencentes a oito centros educativos: Vistahermosa, Mestre Vide, Manuel Sueiro, As Mercedes, O Couto, Maristas e o CEE Miño.

Ourense celebra o Entroido escolar no Xoves de Comadres
Foto: Concello de Ourense

Obradoiros previos nos colexios

Co obxectivo de manter viva a tradición e garantir o seu coñecemento, nos días previos á festa desenvolveranse obradoiros nos propios centros escolares. Estes obradoiros estarán impartidos por persoal especializado. Neles, o alumnado contará co material necesario para elaborar compadres e comadres. Ao mesmo tempo, coñecerán a orixe histórica e o significado cultural desta celebración do Entroido.

Programación na Praza Maior

O acto central do Xoves de Comadres desenvolverase entre as 11:30 e as 13:00 horas, cunha programación pensada para fomentar a participación e a convivencia:

  • 11:30 horas: inicio das loitas de compadres, nas que as nenas defenderán as súas figuras fronte aos intentos dos nenos por facerse con elas.
  • 12:00 horas: quenda das loitas de comadres, co papel invertido e os nenos como protectores das súas figuras.

Botón volver arriba