Noticias

Ourense presenta o Entroido 2026 con 50 actuacións

Ourense presentou esta mañá a programación do Entroido de Ourense 2026, que se celebrará do 12 ao 18 de febreiro, cun amplo cartel de actividades no centro histórico e nos barrios da cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e representantes dos Entroidos da Ponte, As Eiroás e Seixalbo deron a coñecer os detalles no Hostal Cándido.

Ourense presenta o Entroido 2026 con 50 actuacións

Vai ser un gran Entroido, asegurou o rexedor, quen definiu a cita como unha “semana máxica” para a cidade, desde o Xoves de Comadres ata o Mércores de Cinza.

Ourense presenta o Entroido 2026 con 50 actuacións
Foto: Concello de Ourense

A programación municipal inclúe 50 actuacións musicais, con presenza de 5 grandes orquestras:

  • Mondragón, con Javier Gurruchaga á fronte,
  • París de Noia,
  • Origen,
  • Funçao Pública e
  • Kubo.

Tamén haberá concertos de Festicultores Troupe, Trío Somoza, Los Coleguitas e King Africa.

Noa Rouco explicou que o cartel busca “dinamizar o maior número de espazos”, combinando música, animación de rúa e propostas para todos os públicos. O programa complétase con sesións de DJs, que comezarán o xoves 12 con Leticia Sabater, Adri, Diego Mirón e Pablo Marques.

O Entroido contará tamén cunha ampla oferta infantil, con desfiles escolares, obradoiros e actuacións de Oviravai, Uxía Lambona e DJ Tibu. Un dos momentos máis agardados será o reparto de 12.000 orellas o Martes de Entroido. O alcalde salientou ademais eventos multitudinarios como o desfile do domingo 15, “que cada ano vai a máis”, e o tradicional Enterro da Sardiña, o mércores 18.

Programación nos barrios

No apartado dos barrios, Javier Taboada presentou as actividades do Entroido da Ponte, con epicentro en Frei Canedo. Esta entidade celebrará o seu día grande o luns 16, con actos solemnes, procesión, cea popular e a música da orquestra Solara.

Pola súa banda, María Isabel González detallou a programación da Pita das Eiroás, cuxo día principal será o martes 17, con citas destacadas como a Voda da Pita, o xantar popular e o baile coa orquestra La Oca Band.

Finalmente, Juan Cid avanzou os principais actos do Entroido de Seixalbo. Entre eles está o Gran Cocido Bacanal do domingo 15, seguido do baile de máscaras e a actuación musical da La Oca Band.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.