A localidade ourensá de Maceda acollerá o vindeiro 2 de agosto de 2025 a décimo sexta edición do seu popular Entroido Quente.
Estaa festa traslada a maxia do Entroido ao verán con actividades para todas as idades e unha ampla programación musical.
Maceda celebra o XVI Entroido Quente
O evento, organizado pola Asociación Entroido Quente en colaboración co Concello de Maceda e outras entidades locais, arrancará ás 17:00 horas co tradicional Rally do Humor, seguido de animación infantil ás 17:30 para o público máis novo.
A festa continuará ás 20:00 horas cun pasarrúas da Charanga BCB, e ás 23:00 horas celebrarase a final das Batallas de Galos, un dos momentos máis agardados pola mocidade e os amantes do freestyle.
A música será protagonista a partir das 00:00 horas, cando comezarán os concertos con actuacións da Fanfarria Taquikardia, Maskarpone, a Orquestra Neverloura e o DJ Sandín, que se encargará de pechar a noite cunha sesión festiva.

O Entroido Quente de Maceda xa se consolidou como unha das citas imprescindibles do verán na comarca, cun formato que mestura tradición, sátira, música en directo e moita participación veciñal.