A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha protesta este domingo, 9 de febreiro, na Alameda de Cartelle ás 12h.
Esta protesta contra o que consideran un «espolio eólico» coincide coa celebración do Día das Enerxías Limpas.
Eólica Así Non convoca unha protesta en Cartelle
As numerosas entidades que apoian esta concentración demandan a suspensión preventiva ou unha moratoria de todos os proxectos eólicos en tramitación. Esta petición á Xunta de Galicia tamén inclúe as paralizacións cautelares de proxectos eólicos por orde xudicial.

O acto de protesta en Cartelle tamén permitirá render homenaxe a unha das persoas máis activas na loita contra a invasión eólica nas comarcas da Limia e Terra de Celanova, Miguel Ángel Novoa Martínez.