A Concellería de Educación de Ourense publicou as bases da convocatoria da Escola Municipal Continua 2026, co obxectivo de seleccionar os proxectos de actividades que integrarán a programación educativa do vindeiro ano.
As bases da Escola Municipal Continua 2026 xa están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal.
Ourense abre a Escola Municipal Continua 2026
Segundo informa o Concello, persoas físicas e empresas interesadas poden presentar as súas propostas ata o venres 13 de febreiro, incluído.

A convocatoria pretende configurar unha oferta educativa ampla, diversa e adaptada ás necesidades da comunidade, apostando por proxectos desenvolvidos por profesionais e entidades que conten coa cualificación técnica e a infraestrutura axeitada.
O procedemento permitirá elaborar unha listaxe de proxectos e actividades entre os que se realizará a selección final, co fin de garantir unha programación de calidade dentro da Escola Municipal Continua, un dos programas educativos estables promovidos polo Concello de Ourense.
As persoas solicitantes deberán presentar a instancia correspondente, xunto coa documentación requirida, debidamente cuberta e asinada no modelo oficial de solicitude xenérica.

