Noticias

Esixen rematar co deterioro do complexo termal das Burgas

Desde o grupo municipal socialista esixen rematar co deterioro no que se atopa o complexo termal das Burgas e solicitan a intercesión da Xunta de Galicia.

Os socialistas denunciarán a través da Consellería de Cultura o estado de abandono destas instalacións.

Esixen rematar co deterioro do complexo termal das Burgas

«O que debería ser un espazo dinamizador do casco historico continúa funcionando precariamente, tal e como denunciamos hai meses en rolda de prensa, aínda que nalgunhas áreas o grado de deterioro vai incrementándose» sinala o concelleiro José Ángel Vázquez Barquero.

Esixen rematar co deterioro do complexo termal das Burgas
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

A piscina termal sufriu obras de rehabilitación recentemente pero leva catro anos pechada. «O que todos nos preguntamos é por que despois de levarse a cabo as obras de acondicionamento segue pechada ao público. E todo apunta a que existen unha serie de deficiencias técnicas que teñen que ser solventadas».

A petición do grupo socialista para que a Xunta de Galicia «tome cartas no asunto» ten como finalidade rematar con este «desleixo«. «Se un le a lei de patrimonio cultural de Galicia encóntrase con que os propietarios das dotacións arqueolóxicas, neste caso o Concello de Ourense, son os responsables de velar polo mantemento, o coidado e tratar de evitar o deterioro das infraestruturas» destacou Vázque Barquero.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.