As bibliotecas municipais do Concello de Ourense acollerán este verán sete espectáculos de contacontos dirixidos ao público infantil.
A iniciativa está promovida polo Concello en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos durante os meses de xullo e agosto.
Sete espectáculos infantís nas bibliotecas de Ourense en xullo e agosto
As representacións desenvolveranse nas bibliotecas da Ponte, San Francisco e A Carballeira, con propostas variadas que combinan música, teatro e animación. A participación é gratuíta, pero será necesario inscribirse previamente de maneira presencial ou por teléfono en cada unha das bibliotecas.

Na biblioteca municipal da Ponte, situada na Praza Mestre Luis Fernández (tel. 988 605 751), a programación inclúe:
- “O Grúfalo”, con Carmen Domech, o martes 8 de xullo (11:00-12:00 h).
- “Brincadeira pirata”, con Galerna Crúa, o martes 22 de xullo (11:00-12:30 h).
- “Contamúsicas”, con Raquel de Ana, o venres 29 de xullo (11:00-12:00 h).
Na biblioteca municipal de San Francisco, na Explanada de San Francisco (tel. 988 230 124):
- “Pequeño cabaret infantil”, con Nelson Quinteiro, o xoves 10 de xullo (11:00-11:50 h).
- “Unha armadura con ferruxe”, con Garabato de Xogos, o martes 19 de agosto (11:00-11:45 h).
E na biblioteca municipal da Carballeira, na Praza Sagrado Corazón (tel. 988 253 893):
- “Viaxa cos libros”, con Manuel Solla, o venres 18 de xullo (11:00-12:00 h).
- “Noa no espello”, con Sabela, o martes 26 de agosto (11:00-11:50 h).
As bibliotecas estarán abertas ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.