O concello de Ourense anunciou que este mércores pecharán ó tráfico un tramo da rúa Ramón Puga nas inmediacións do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
As obras de humanización afectan ó tramo comprendido entre a rúa Xosé Cornide e a rotonda de acceso ó Complexo Hospitalario.
Este mércores pecharán un tramo da rúa Ramón Puga
Está previsto que estas obras teñan unha duración aproximada de tres semanas, comezando o 13 de novembro e rematando o 4 de decembro. O tráfico procedente de Barrocás con dirección ó centro da cidade será desviado pola rúa San Mamede.
Durante o período de obras, queda prohibido estacionar neste tramo da rúa Ramón Puga.