Eventos

Exeria chega co seu novo traballo ó Auriense

O grupo Exeria chega este sábado co seu novo traballo «Sobre a independencia» ó Café Cultural Auriense para ofrecer un gran espectáculo de Rock.

Con influencia baseada no britpop e o grunge, Exeria logrou acadar unha personalidade propia dentro da escena musical galega.

Exeria chega co seu novo traballo ó Auriense

O seu último traballo «Sobre a independencia» conten cinco cancións que foron publicadas no mes de marzo. Entre os temas deste traballo atopamos A Costa de Frades que conta cun videoclip realizado polo equipo de Trece Amarillo.

Despois dun ano 2023 cheo de éxitos, a traxectoria de Exeria prosegue un rápido avance. O ano pasado, este grupo actuou en todas as provincias galegas e logrou gañar o concurso «Trece Roeis Fest».

Exeria chega co seu novo traballo ó Auriense

Botón volver arriba