Noticias

Éxito de participación nas xornadas de Deporte e Turismo

Cun éxito de participación pecharon as xornadas dedicadas ó Deporte e o Turismo de Galicia que se celebraron en Expourense.

4.000 persoas participaron durante dous días na 7ª edición de Sportur Galicia e no V Congreso Internacional de Turismo e Deporte.

Éxito de participación nas xornadas de Deporte e Turismo

A participación nas actividades programadas foi principalmente presencial pero tamén contou con persoas que seguiron a programación de forma online. O turismo activo urbano foi un dos protagonistas da segunda e última xornada na que se estableceron as bases para crear cidades que se priorice a saúde das persoas.

Federacións deportivas e clubs de distintas modalidades participaron nestas xornadas mediante exhibicións dos seus deportes.

Éxito de participación nas xornadas de Deporte e Turismo
Club Ourense Atletismo. Foto: Expourense

Unha vez rematado este evento, Expourense centra a súa actividade dos próximos meses en acoller probas deportivas. O calendario de actividades previsto será o seguinte:

  • 21 de decembro – Trofeo ABANCA en Pista Curta 2024
  • 18 de xaneiro de 2025 – I Meeting Internacional de Ourense
  • 2 de febreiro – XL Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Absoluto en Pista Curta
  • 15 e 16 de marzo – Campionato de España Sub16

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.