Barbadás inaugura a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote” na Casa da Cultura Manuel María, nun acto promovido por ABANCA, Afundación e o Concello.
A apertura contou coa presenza do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel Doval; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; o director da oficina de ABANCA na Valenzá, Miguel Madriñán; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
Barbadás acolle a mostra sobre Mingote
A mostra, organizada en colaboración coa Fundación Antonio Mingote, poderá visitarse do 26 de febreiro ao 27 de marzo. Esta ubicada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María. O horario será de luns a venres de 8:30 a 14:30 h e de 16:00 a 20:00 h.

A exposición percorre a historia da arte a través da mirada irónica do debuxante e escritor Antonio Mingote. Este iniciou a súa traxectoria moi novo e colaborou en publicacións como ABC, La Codorniz ou The New York Times. Foi o primeiro debuxante en ingresar na Real Academia Española e recibiu numerosos recoñecementos ao longo da súa carreira.
A iniciativa enmárcase no proxecto “Corrente cultural”, co que Afundación promove a difusión artística en vilas galegas, reforzando a programación cultural máis alá das grandes cidades.

