Este sábado, 1 de febreiro, inaugúrase unha exposición colectiva de Entroido na Sala Expositiva do Hospital da Trindade en Monterrei.
Exposición colectiva de Entroido en Monterrei
O acto de inauguración desta exposición será ás 12h e contará coa presenza de varios artistas da comarca de Verín que participan na mostra. Xosé Rivada, Luz Novoa ou Marilar Salgado son algúns dos artistas que terán presenza na exposición.
As obras expostas teñen en común a figura do cigarrón. Cada artista reflicte na súa obra a súa particular visión desta figura do Entroido.