Expourense acolle o Salón da Prevención e a Seguridade Laboral (Previsel) que alcanza neste 2024 a súa 17ª edición.
Este evento, único deste tipo en Galicia, sirve de punto de encontro para todos os sectores involucrados na prevención de accidentes laborais.
Expourense acolle o Salón da Prevención e a Seguridade Laboral
Representantes de institucións e entidades do sector estiveron presentes no acto de inauguración da 17ª edición de Previsel.
Uns 500 alumnos e alumnas procedentes de Centros educativos de Secundaria e Formación Profesional de Ourense participaron nas distintas actividades programadas nas que tamén houbo presenza de alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña.
Primeiros auxilios, prácticas de RCP ou hábitos saudables formaron parte do programa formativo que realizaron os participantes.
No exterior do recinto de Expourense realizáronse actividades grazas á participación de unidades de Protección Civil e do Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias. O helicóptero do 061 foi tamén un dos grandes atractivos destas xornadas de formación.