Noticias

Facilitan a tramitación do Programa ChegOU

Facilitan ás persoas interesadas a tramitación do Programa ChegOU tras un acordo de colaboración entre as administracións involucradas.

A Deputación de Ourense e o Sergas puxeron en funcionamento o 1 de febreiro un servizo para poder solicitar esta axuda desde calquera hospital da provincia.

Facilitan a tramitación do Programa ChegOU

Desde ese momento, todos aqueles interesados en solicitar a achega económica que outorga a Deputación polo nacemento dun fillo ou filla pode ser tramitado desde o propio centro hospitalario coa colaboración de persoal sanitario.

Os Hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras incorporan este servizo que se poderá tramitar sen necesidade de certificado dixital. O trámite, realizado mediante a súa propia voz, terá a mesma validez e facilita a tramitación destas axudas.

Facilitan a tramitación do Programa ChegOU
Foto: Deputación de Ourense

Unha vez realizada a solicitude, as persoas beneficiarias recibirán nos seus domicilios unha tarxeta prepago. Esta tarxeta contará co saldo que lle corresponde para utilizar en farmacias da provincia.

Botón volver arriba