O Castelo de Maceda converterase este sábado, 4 de outubro, nun escenario único para acoller o ciclo “Fados no Castelo”, unha velada que mestura música, tradición e gastronomía.
A partir das 21:30 horas, o público poderá gozar dunha cea con fados protagonizada por María do Ceo, acompañada polos músicos José Salgado (viola de fado) e Álex Salgado (guitarra portuguesa).
María do Ceo leva o fado ao Castelo de Maceda
O concerto será un homenaxe a Amalia Rodrigues, considerada a voz máis universal do fado portugués, e ofrecerá unha viaxe emocional a través das melodías máis emblemáticas deste xénero.
A proposta compleméntase cun menú gastronómico que busca crear unha experiencia cultural completa, unindo música e gastronomía nun espazo tan emblemático como o Castelo de Maceda.
