Noticias

Podemos Ourense lamenta o falecemento de Víctor Ferreiro

Podemos Ourense expresou a súa profunda tristeza polo falecemento de Víctor Ferreiro, ex secretario xeral da formación na cidade, ao que lembran como un compañeiro comprometido coa xustiza social e cos dereitos da maioría social.

A organización destacou a súa etapa á fronte de Podemos Ourense, na que, segundo sinalan, demostrou “unha enorme capacidade de traballo, un profundo sentido da responsabilidade e unha firme vontade de construír unha sociedade máis xusta”.

Podemos Ourense lamenta o falecemento de Víctor Ferreiro

Desde o partido subliñan tamén a dimensión humana de Ferreiro. “Para moitas persoas dentro da organización, Víctor non foi só un referente político, senón tamén un amigo excepcional”, indican, lembrando a súa proximidade, sinceridade e a súa forma de entender a política “desde a humildade e o respecto”.

Podemos Ourense lamenta o falecemento de Víctor Ferreiro

Ademais da súa traxectoria política, desde Podemos Ourense destacan que foi “un gran pai e unha persoa profundamente comprometida coa súa familia”, un dos piares fundamentais da súa vida.

A formación trasladou o seu agarimo e apoio á familia, amizades e a todas as persoas que hoxe sofren a súa perda. “Despedimos hoxe a un compañeiro, a un amigo e a unha persoa que sempre apostou polo ben común”, conclúen.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.